Si amigo , estás en Falangulleiros Bandasequeiros o Falangullo do CEP Salustiano Rey Eiras. Neste curso 2015/2016 a proposta dos nosos profesores decidimos presentarnos na rede de redes coas nosas propias palabras.

A proposta foi realizar este falangullo co proposito de darlle a importancia que se merece o uso do galego na escola e que forma melllor de facelo que poñerse a falalo. A idea desde un primeiro momento gustounos moito e ademáis seguimos un proceso moi divertido.

Primeiro había que lle buscar un nome para o que fixemos distintas propostas e entre todos eleximos a que máis nos gustou. O mesmo fixemos co logotipo e co eslogan que acompañaría a campañapubliciatraia que faríamos pola nosa localidade. Aquí debaixo tedes unha selección das que máis votos recibiron.

Chulas, verdade? Pois todas estas propostas e moitas máis chegamos a elexir un debuxo un eslogan e un nome para o falangullo que foi este:

Falangulleiros Bandasequeiros

E por último coincidindo coa saída do falangullo en iTunes tamén fixemos un cartel que distribuímos polo noso concello, A Pobra do Caramamiñal.

Esperamos que vos guste e se queredes facer algún comentario non dubidedes en facelo na nosa páxina de contacto.